Pop Rock
“The Suburbs”, mellor disco do ano para Rolling Stone
Agora que se achega o final do ano é o momento de facer balance do mellor que nos deixou este 2010. E no olimpo dos discos, “The Suburbs”, de Arcade Fire, ocupa un lugar destacado.
Teenage Fanclub, nostalxia pop no Xacobeo Importa
Veñen de facerse co público no Primavera Club para lle pór a guinda a un ciclo que achegou a Galicia grupos de culto e artistas lendarios. Teenage Fanclub, a banda que conquistou os noventa a golpe de retrousos, pechará este venres Xacobeo Importa.
Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra vs Alice Cooper. E ti, de quen es?
A elección é dura, sabémolo. Mañá, sábado 27, Xacobeo 2010 trae a Galicia dous grandes do panorama musical: a saber, Alice Cooper (Xacobeo Importa), o rei do rock espectáculo, e Emir Kusturica and The No Smoking Orchestra, a banda que pon en transo ao público en todos e cada un dos seus directos.
Se aínda non decidiches, aí vai unha pequena guía.
Este sábado, visítanos unha lenda: Alice Cooper
Levamos meses esperando, pero esta fin de semana, por fin, poderemos ver en directo unha lenda do rock. Este sábado, 27 de novembro, Alice Cooper estará en Santiago de Compostela (Multiusos do Sar) dentro do ciclo Xacobeo Importa. E para celebralo, este venres, día 26, ás 12.00 h. no Facebook de Xacobeo 2010, regalamos dous vinilos deste incombustible artista. Esperámoste!
Interpol: só falta un día
Chegou o momento. Mañá venres, 1 de outubro, é a quenda doutro gran concerto de Xacobeo 2010: Interpol chega a Compostela, dentro de Xacobeo Importa, para estrear o seu último disco homónimo. A cita, ás 21.30 h. na Sala Capitol, promete ser intensa.
Regalamos dous pases para ver a Interpol
Este venres, 1 de outubro, a banda neoiorquina Interpol chega a Compostela para presentar o seu último disco homónimo dentro de Xacobeo Importa, un ciclo que se caracteriza por achegar a Galicia grupos de referencia do circuíto independente en actuacións únicas e formatos especiais.
Teenage Fanclub pechará o ciclo Xacobeo Importa o 3 de decembro
Será o peche de ouro para un ciclo cheo de xoias. Xoias como Yo la Tengo, Mark Lanegan, Rufus Wainwright, Joan Baez, que xa pasaron por Xacobeo Importa, ou Alice Cooper, Mudhoney, Young Fresh Fellows, Interpol e The Zombies, que aínda están por vir... Teenage Fanclub serán os encargados de pechar o ciclo Xacobeo Importa o 3 de decembro na sala Capitol.
Queres ver gratis a Mudhoney e Young Fresh Fellows? Pasa mañá polo noso Facebook
Queres ver gratis a Mudhoney e Young Fresh Fellows? Mañá, martes, ás 12.00 h., propoñerémosche un novo reto no Facebook de Xacobeo 2010 no que poderás gañar unha entrada (en total regalamos catro entradas simples) para ver dous dos grupos máis lendarios da escena de Seattle.
Confirmado: Joaquín Sabina estará en Lugo o 11 de outubro
Confirmado. Joaquín Sabina suma unha data máis á súa axenda xacobea. O cantautor de Úbeda estará o 11 de outubro no Pazo Universitario de Lugo, ás 22.00h. As entradas están xa á venda na web de Ticketmaster, FNAC, Halcón Viajes e Carrefour. Sabina actuará tamén o 9 de outubro no Multiusos do Sar de Santiago de Compostela.
The Zombies apúntanse ao Xacobeo Importa
Time of The Season, She's Not There, Tell Her No... Soanche? Son temas de The Zombies, a nova fichaxe de Xacobeo Importa, un ciclo que aposta por unha programación variada e de calidade e que tamén achegará a Galicia a Mudhoney e Young Fresh Fellows e a Alice Cooper.






















