Música
Xacobeo Importa: delicatessen musical
Xacobeo Importa pechou o pasado venres un ano de luxo co concerto dos escoceses Teenage Fanclub, unha peza máis da colección de xoias escondidas que nos regalou este ciclo, polo que pasaron máis de 11.000 persoas.
Participa no noso Facebook todos os mércores de novembro e entra gratis ao Microfest
Este venres, 12 de novembro, arranca na compostelá sala Capitol Microfest, un festival incluído no ciclo Ao Vivo de Xacobeo 2010 e que achega a Galicia o máis senlleiro da cultura urbana. Se non queres perder esta cita, pasa os mércores 10, 17 e 24 de novembro, ás 18.00 horas, polo Facebook de Xacobeo 2010 e ven gratis!
Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra actuarán en Lugo o 27 de novembro
Dentro do Camiño da Música de Xacobeo 2010 e no marco das celebracións do décimo aniversario da concesión pola Unesco do título de Patrimonio da Humanidade á Muralla Romana, Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra actuarán en Lugo o 27 de novembro.
Ao mal tempo, boa música
Comezamos unha nova semana con mal tempo en Galicia. Pero Xacobeo 2010 continúa traéndoche a mellor música para que a choiva non che augue a festa. E é que esta semana temos unha axenda ateigada de concertos.
Todo listo para a gran cita do hip hop en Galicia: Microfest
Xa está todo listo para Microfest. A oitava edición deste festival de cultura urbana, incluído no ciclo Ao Vivo de Xacobeo 2010, celébrase os días 12, 26 e 27 de noviembre en Santiago, cun programa que inclúe música en directo e actuacións durante o día.
Mine Kawakami, a pianista da alma, publica disco inspirado no Camiño
A súa peregrinación musical por Galicia da man de Xacobeo 2010 deixounos un recordo imborrable: Santiago, Pontevedra, Ourense e Lugo tiveron o privilexio de acoller a xira que Mine Kawakami realizou este ano a través de Camiño da Música; agora, a pianista xaponesa publica O meu Camiño, disco no que reflicte a pegada que nela deixou a maxia do Camiño.
Tote King e Rack Eterno protagonizan a primeira xornada de Microfest
Xa temos os primeiros nomes para Microfest. Tote King e Rack Eterno protagonizarán a primeira xornada deste festival, que se converteu na cita de referencia dentro da escena do hip hop en Galicia e que este ano está incluído no ciclo Ao Vivo de Xacobeo 2010. Será o 12 de novembro na sala Capitol.
Eli Paperboy Reed e The True Loves, unha nova sorpresa de Xacobeo Importa
Eli "Paperboy Reed" sempre é unha sorpresa. Foi unha sorpresa cando o descubrimos. É unha sorpresa nos escenarios, nos que desborda paixón e carisma. E é unha sorpresa neste Xacobeo. Confirmado. O mellor soul do século XXI pasará como un ciclón por Galicia, dentro do ciclo Xacobeo Importa. Será o 17 de novembro na sala Capitol, en Santiago de Compostela.
Queredes recordar os mellores momentos deste verán? Non perdades de ver o noso vídeo!
Hoxe comeza o outono. Atrás van quedando os días que non rematan, as noites que non duran... Pero este verán queda, para sempre, no noso recordo.
O son do acordeón súmase á banda sonora de Xacobeo 2010
Músicos de 20 países competirán na 60 edición do Trofeo Mundial do Acordeón, que se celebra desde hoxe, marrtes, e ata o próximo sábado, 25 de setembro, na cidade de Vigo. Todas as probas do certame, incluído dentro da programación do Camiño da Música de Xacobeo 2010 e organizado pola Asociación Galega do Acordeón, estarán abertas ao público, que poderá tamén asistir de xeito gratuíto a diversas actuacións.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »






















