Gastronomía
Ponlle sal ao outono!
Queres aprender a cociñar da man dun dos xefes de cociña máis prestixiosos de Galicia? Coñecer todos os segredos do mundo do viño? Descubrir saborosas receitas cos cogomelos como principal ingrediente? Sorprender os teus amigos coa túa mestría co wok? Se a resposta é si, non perdas os cursos da Aula de Cociña do Centro Social Caixanova, dentro do Camiño da Gastronomía de Xacobeo 2010 e en programación conxunta con Caixanova.
Un Xacobeo de luxo co Trascantábrico
Queres vivir un Xacobeo de auténtico luxo? Cruzar España nun tren con máis dun cuarto de século de historia? Gozar dunha suite cunha cama enorme, sauna e hidromasaxe? Degustar o mellor da gastronomía do norte de España? Se contestaches que si a todas as preguntas, o Transcantábrico é o teu medio de transporte para vires a Galicia neste Xacobeo.
Os venres, invitámosche a cear
Música de vangarda y tapiñas ricas. Estes son os ingredientes dunha receita abonada ao éxito: a terraza do Move Music&Food, unha iniciativa de Expocoruña en colaboración co Xacobeo 2010 que achega á Coruña a gastronomía das cidades do Camiño de Santiago.
Menú do Xubileu
Un menú con caldo de ollos, vieira e empanada de sardiñas de tabal, de entrada; como prato principal, bacallau con pisto de coliflor ou galo de pazo con verza e ostras en escabeche; de sobremesa, filloas con mel, queixo do Cebreiro, e castañas de Ourense. Apetecible, non si? Pois esta é a proposta culinaria do Hostal Reis Católicos de Compostela para conmemorar o Xacobeo.
Cursos de cociña no Camiño
Para os amantes da boa cociña, Caixanova e Xacobeo 2010 veñen de organizar uns cursos culinarios en Vigo e Santiago de Compostela dentro da programación do Camiño da gastronomía.






















