Folk
Carlos Núñez convídanos a unha nova noite máxica en Compostela
Xa está case todo preparado na Praza do Obradoiro para que poidamos gozar en directo dun dos concertos máis esperados polos amantes da música: este sábado, 11 de setembro, Carlos Núñez e a Orquestra Sinfónica de Galicia achegarannos ás estrelas da capital galega, nunha noite que se agarda inesquecible. Como convidados de excepción, a mítica banda de folk The Chieftains, que se reencontran co gaiteiro para nos ofrecer un concerto sinfónico que fará que este ano Xacobeo gañe altura musical.
Unha noite máxica merece un regalo especial
Xa vos contamos que faltan só uns días para poder gozar dunha nova noite máxica en Compostela. A Praza do Obradoiro vístese de novo de longo para recibir o sábado 11 de setembro a Carlos Núñez e a Orquestra Sinfónica de Galicia, que terán uns convidados de excepción: The Chieftains. A entrada é libre ata completar o aforo.
"Cantigas do Camiño" ponlle música á Ruta Xacobea
Trece grupos e solistas galegos de folk uníronse para render homenaxe ao Camino de Santiago. Fixérono coa gravación do disco conxunto "Cantigas do Camiño", patrocinado polo Xacobeo 2010 e que xa está á venda dende o 4 de marzo.
A iniciativa enmárcase no proxecto Raíces, un ciclo de concertos no que participan 25 artistas e agrupacións galegos.






















