Exposicións
O Camiño, en todo o mundo
En Xacobeo 2010 queremos que todo o mundo coñeza o Camiño de Santiago. Por iso, viaxamos para levar a esencia desta ruta milenaria a distintos países, a través de proxectos expositivos que mostran o pasado e o presente da peregrinación a Compostela.
Xacobeo 2010: arte e cultura contra o frío
Co frío que vai, nada mellor que ir de exposición para pasar unha tarde agradable e ver a obra dalgúns dos grandes artistas que Xacobeo 2010 achega a Galicia. Aínda non coñeces as nosas propostas para este inverno? Pois contámoschas nós!
Xacobeo 2010 presenta Transtempo, de Cristina García Rodero
Incluída no Camiño Contemporáneo de Xacobeo 2010, a mostra Transtempo, que estará aberta ao público desde mañá ata o vindeiro 13 de febreiro no CGAC, está composta por máis dun cento de fotografías tomadas por Cristina García Rodero en Galicia desde o ano 1974 ata a actualidade.
Cristina García Rodero amosará en Santiago a súa persoal visión dunha Galicia intemporal
O Camiño Contemporáneo de Xacobeo 2010 continúa achegando a Galicia algunhas das propostas culturais máis interesantes do panorama internacional.
Xa podemos ver Espazos Propios, a particular peregrinación fotográfica de Candida Höfer
Unha selección de impresionantes imaxes de gran formato conforman a exposición Espazos Propios, que a xenial artista alemá Candida Höfer deseñou en exclusiva para Xacobeo 2010 e que desde hoxe ata o 16 de xaneiro podemos gozar no mosteiro de San Martiño Pinario e a Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
Candida Höfer, ou o espazo feito imaxe
Galicia prepárase para recibir unha das fotógrafas máis representativas da fotografía internacional: Candida Höfer. Mentres esperamos a que chegue o momento de ver Espazos propios, un proxecto exclusivo para Xacobeo 2010 que se poderá visitar dende o próximo 29 de outubro en San Martiño Pinario e na Cidade da Cultura, no Facebook de Xacobeo 2010 podedes ver un pequeno adianto das impresionantes imaxes que constitúen a particular peregrinación fotográfica da artista a través da ruta que vertebrou Europa, o Camiño de Santiago.
Tomohiro Muda: unha ollada oriental sobre o Camiño de Santiago
Tomohiro Muda: unha ollada oriental sobre o Camiño de Santiago Neste ano máxico viñemos presentando, a través das distintas disciplinas artísticas, diversas formas de ver e entender a ruta xacobea. Hoxe é a quenda do xaponés Tomohiro Muda, fotógrafo que peregrinou en dúas ocasións a Santiago de Compostela.
A Ritmo de Orquestra: homenaxe a 80 anos de verbenas galegas
Sabías que Os Tamara chegaron a tocar no Olympia de París? Que Los Chicos del Jazz levaron o esplendor das big bands norteamericanas ás aldeas de Galicia? Que os bailes viviron unha auténtica revolución grazas á amplificación, que permitiu prolongar as verbenas ata a madrugada?
A exposición internacional 'Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez' chega a Santiago tras o seu exitoso paso por París e Roma
Diego Xelmírez, quen fose arcebispo de Compostela no século XII, converteu a catedral de Santiago nun referente da arte románica europea, elevando a peregrinación compostelá á altura de Xerusalén e Roma.
Etheria. A Viaxe Soñada: historia en danza
Entre os séculos IV e V d.C, Etheria, muller culta e aventureira, emprendeu unha longa viaxe dende Gallaecia ata Oriente Medio e Terra Santa. Hoxe, o Centro Coreográfico Galego achega a Xacobeo 2010 a historia desta peregrina tan especial, dentro do Camiño das Artes Escénicas. Será o 28 de agosto en Lourenzá (Lugo) e o 18 de setembro en Sober (Lugo).






















