Espiritualidade
O escritor Miguel Ángel Bernat e o filósofo Jordi Pigem, en Espiritualidade e sustentabilidade
"Recuperar a harmonía co ámbito e con nós mesmos". É a aposta de Miguel Ángel Bernat, un dos relatores das xornadas Espiritualidade e sustentabilidade que se celebran o 27 e o 28 de novembro na Coruña.
O experto en biodiversidade José Esquinas participará nas xornadas Espiritualidade e Sustentabilidade
“Eu creo que hai que crer nos soños para cambiar o mundo. Hai que ser utópico. Porque, como dicía Unamuno, cando cinco persoas cren nunha utopía, xa non é unha utopía, é unha realidade”. Son palabras de José Esquinas, un dos relatores que participarán a última fin de semana de novembro nas xornadas Espiritualidade e Sustentabilidade, que se celebrarán na Coruña dentro do Camiño da Reflexión de Xacobeo 2010.
Para, reflexiona, suma a túa enerxía
Tes présa: un café rápido, na radio falan de traxedias e conflitos. Non hai tempo para as noticias. Hai que ir ao traballo. A cidade acelera o ritmo: tráfico, alguén toca a bucina, cruza, rápido, abre o paraugas, chove. Agora detente. Para, reflexiona, suma a túa enerxía.
Espiritualidade e sustentabilidade: repensando o mundo
Promover unha reflexión sobre o cambio que se está a producir na nosa sociedade. Este é o obxectivo de Espiritualidade e sustentabilidade. E é que cada vez son máis as voces que se unen na procura dun modelo vital máis sostible, mentres o individuo reexplora a súa forma de relacionarse co intanxible e consigo mesmo.
Descobre o que podes facer esta fin de semana en Santiago
Se vas estar esta fin de semana en Santiago, tes moito que ver. Descobre as nosas propostas culturais deseñadas con motivo da visita do Papa Benedicto XVI, unha cita histórica na que ademais haberá exposicións e concertos para todos.
Celebramos con música unha cita histórica
Esta fin de semana, Santiago ponse de gala para recibir o Papa Benedicto XVI. E queremos celebralo con música. A actuación de Hombres G, un recital de gospel, ou o concerto "Música pola vida" son algunhas das citas incluidas na programación cultural deseñada con motivo da visita do Papa.
Unha exposición recolle imaxes das visitas dos papas a Galicia
A Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela acolle a exposición "Sucesores de Pedro en Galicia", que estará aberta ao público ata o 28 de novembro. Cunha selección de imaxes do fotógrafo Manolo Blanco, quen retratou maxistralmente as visitas apostólicas a Santiago de Xoán Paulo II en 1982 e 1989, a mostra recrea as visitas de diferentes papas a Galicia.
Santiago celebra a paz e a concordia cun concerto de gospel
Este venres, 5 de novembro, o gospel protagonizará unha xornada excepcional en Santiago de Compostela, no concerto “O espírito da música”. Artistas de diferentes países participarán neste recital de gospel moderno e contemporáneo baixo a supervisión de Marco Brusati, director xeral da Hope Music School en Italia. Será a partir das 20.30 h. no Teatro Principal.






















