Electrónica 

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Temos un convidado de excepción: con todos vos, Jean Michel Jarre

Hoxe temos un convidado moi especial neste blog. Jean Michel Jarre enviounos un vídeo exclusivo para invitar a todos os seus fans a ver o espectáculo que dará mañá sábado, ás 22.30 h., na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Non perdades de velo!

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

981 festival: música noite e día

Who Made Who, Naive New Beaters, Luke Abbott, Cluster e Dels son os novos nomes para o 981 festival, incluído no ciclo Ao Vivo de Xacobeo 2010.

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Música de vangarda e gastronomía, na Terraza do Move

 

Música e gastronomía son os ingredientes fundamentais da Terraza do Move Music & Food, unha iniciativa de EXPOCoruña en colaboración con Xacobeo 2010, para seducir os padais e oídos dos asistentes cos mellores pratos do Camiño de Santiago e Dj's de sona internacional.

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Jean Michel Jarre: o espectáculo total chega ao Obradoiro

Artista polifacético, músico, intérprete, compositor e creador de atmosferas únicas nos seus concertos, Jean Michel Jarre encherá a Praza do Obradoiro coa súa singular combinación de música e espectáculo. O 31 de xullo, da man de Xacobeo 2010, Jean Michel Jarre baterá unha nova marca en Compostela.

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Sónar Galicia: tres días non stop

14.000 persoas, máis de 200 medios nacionais e internacionais e sobre todo moita, moita música. Sónar Galicia converteuse nun escenario privilexiado no que brillaron as estrelas máis rutilantes do firmamento musical.

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

O novo de Orbital, en exclusiva para Vigo Transforma

A organización do festival Vigo Transforma anunciou esta semana a pre-escoita en exclusiva mundial na súa web do novo single dobre de Orbital, Don´t stop me / The gun is good, que sairá á venda o próximo 20 xuño. A banda británica será cabeza de cartel do festival que se celebrará no Peirao de Transatlánticos de Vigo do 2 ao 10 de xullo. Parabéns, rapaces. Así se fai!

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Premiamos novamente a creatividade con entradas para SONAR!!

Xa non vos facemos esperar máis! Como vos prometemos a semana pasada, e tras o éxito da convocatoria, hoxe volvemos regalar entradas para Sónar Galicia. A cita é ás 17 H no Facebook de Xacobeo 2010.

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Sónar Galicia: estamos preparados para dalo todo...

A expectación que está a ocasionar a celebración, por primeira vez fóra de Barcelona, do Festival de Música Avanzada e Arte Multimedia é máxima. A demanda é tanta, que en só uns días se esgotaron as entradas para as dúas primeiras xornadas, o xoves 17 e venres 18 de xuño, así como os abonos. Tan só quedan entradas para a sesión de tarde do sábado 19, pero é previsible que rematen tamén nas próximas horas.

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Sorteamos entradas para Sónar Galicia!!

Esta tarde, ás 17 H, convocámosvos a unha cita ineludible no Facebook de Xacobeo 2010!

Estade moi atentos, porque sortearemos dúas entradas para cada un dos tres días de Sónar Galicia, os días 17, 18 e 19 deste mes na Coruña.

Só vai durar unhas horas!! Recordade que ás 17.00 H lanzaremos a convocatoria. Esperámosvos!

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Sónar Galicia quenta motores

Cada vez está máis preto. O Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia desdóbrase, por vez primeira, en dúas sedes, e chega á Coruña da man do Camiño da Música de Xacobeo 2010. Trátase dunha edición extraordinaria na que se darán cita artistas galegos e os máis destacados nomes internacionais da electrónica do momento.

Redes Sociais 

Xacobeo está en

Séguenos en

Participa no noso

GaliciaConcurso The Way - GastronomíaLeonard CohenThe WayConcurso The Way - Santiago de CompostelaAlva Noto y  Blixa BargeldCamino Inglés. Miño, Puente sobre el río BaxoiCamino Francés. Pedrafita do CebreiroCamino Portugués. Redondela. CamiñoGaliciaConcurso The Way - PeregrinosConcurso The Way - GastronomíaConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - PeregrinosEcho and The BunnymenJeanMichelJarreCamino Portugués. Pontevedra PontesampaioConcurso The Way - AmigosDiana Krall

No te pierdas