Cultura
Comeza en Compostela o Congreso Internacional “Historia a Debate”
Hoxe comeza en Compostela o IV Congreso Internacional Historia a Debate, patrocinado por Xacobeo 2010 no marco do Camiño de Reflexión.
Foro 2010: traballando en cultura de paz
En decembro, todas as miradas volveranse cara a Compostela. Durante este mes, a capital galega acolle o Foro 2010, un encontro que converterá a cidade e a toda Galicia nun referente internacional en materia de cultura de paz.
Xa podes ver os vídeos das conferencias de Camiño ao Andar
No mes de outubro, celebramos en Santiago de Compostela “Camiño ao Andar. Xornadas de reflexión e diálogo”, un ciclo de conferencias no que participaron destacados intelectuais de diversas disciplinas como a arquitectura, a filosofía, a arte ou a literatura.
O xornalista ambiental Carlos de Prada participará en Espiritualidade e sustentabilidade
O século XXI, ou é ecolóxico, ou non será. Así de claro o ten Carlos de Prada, un dos relatores das xornadas Espiritualidade e sustentabilidade, que se celebrarán esta fin de semana na Coruña, dentro do Camiño da Reflexión de Xacobeo 2010.
Unha viaxe no tempo e o espazo
A catedral de Santiago xa chegou a Nova York. Os neoiorquinos puideron gozar dunha viaxe no tempo para admirar a beleza do templo compostelán tal e como estaba no ano 1211, ano da súa consagración.
O Xacobeo conquista o corazón de Nova York
Hoxe, en Nova York, falarán de Galicia. Farao Jerrilynn D. Dodds, Sarah Lawrence College, un dos convidados do ciclo de conferencias sobre o Camiño de Santiago e a catedral compostelá que se celebrou durante os meses de outubro e novembro no Metropolitan Museum of Art.
Espazos Sonoros presenta en Santiago a estrea mundial da nova produción de Huelgas Ensemble
A formación vocal Huelgas Ensemble, dirixida por Paul Van Never, ofrecerá un concerto único na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela mañá, 21 de outubro, ás 20.30 h.
Visita guiada á Cidade da Cultura de Galicia
A Fundación Cidade da Cultura convida a todos os asistentes ao ciclo de conferencias Camiño ao Andar: Xornadas de reflexión e diálogo a participar nunha visita guiada á Cidade da Cultura de Galicia. Será este venres, 22 de outubro, ás 16.30 h. A saída realizarase desde a Fundación Cidade da Cultura, sita na rúa San Roque, nº 2. Se desexas apuntarte, podes facelo na sede da Fundación Cidade da Cultura.
Camiño ao Andar: comeza en Compostela o grande encontro do pensamento e a cultura
Hoxe arranca Camiño ao Andar: unha ocasión única para afondar en aspectos da cultura contemporánea como a arte, a arquitectura, a filosofía e o pensamento e a literatura, a través das achegas dalgunas das figuras máis representativas nestes ámbitos.
Félix Duque afondará nas implicacións filosóficas da ruta xacobea en Camiño ao Andar
Camiño ao Andar: Xornadas de reflexión e diálogo concentrará algunhas das figuras máis destacadas do pensamento actual. Entre elas, estará o filósofo Félix Duque, que nos invitará a reflexionar sobre as implicacións filosóficas do Camiño nunha apaixonante viaxe do centro da terra ao Finis Terrae. Incluído no Camiño da Reflexión de Xacobeo 2010, Camiño ao Andar celébrase entre o 18 e o 28 de outubro en Santiago de Compostela (CGAC e Fundación Cidade da Cultura).
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »






















