Clásica
Xa á venda as entradas para os próximos catro concertos de Galicia Classics
Despois do éxito do seu concerto inaugural en Vigo, o ciclo Galicia Classics segue coa súa actividade con catro novos concertos, para os que xa se poden adquirir as entradas a partir de hoxe. Ás localidades dispoñibles para ver a prestixiosa Filharmónica de Moscova o 31 de marzo na Coruña, súmanselles as das actuacións do pianista Freddy Kempf (29 de marzo en Santiago), o barítono Borja Quiza e a soprano Teresa Novoa (27 de maio en Pontevedra), e o tenor Gregory Kunde (28 de maio na Coruña).
Daniel Barenboim, Georges Prêtre e Yuri Simonov actuarán dentro do ciclo Galicia Classics
Galicia Classics continúa a estela de Xacobeo Classics cunha programación que, entre febreiro e decembro de 2011, achegará ás sete cidades galegas a artistas de prestixio internacional en máis de trinta concertos.
Xacobeo 2010 convídate a un Nadal moi clásico
Xacobeo 2010 convídate a pasar unhas festas moi clásicas. E é que para este mes de decembro, o ciclo Xacobeo Classics reserva dúas citas imprescindibles para os amantes da boa música.
Emoción en estado puro: Zubin Mehta e Anne Sophie Mutter, en xuño en Xacobeo Classics
Os amantes da música clásica están de parabéns; Xacobeo Classics trae a Galicia dous dos máis destacados representantes da música clásica: o recoñecido director Zubin Mehta e a virtuosa violinista Anne Sophie Mutter, que estarán nos próximos días en Santiago e A Coruña, respectivamente.
Novas entradas á venda para Lang Lang
Cheos absolutos para Zubin Mehta e Lang Lang
O director indio Zubin Mehta e o pianista chino Lang Lang teñen asegurados cheos absolutos nos seus respectivos concertos en Galicia, dentro da programación do Xacobeo Classics.
Aínda faltan dous meses para o concerto que dirixirá Zubin Mehta no Auditorio de Galicia e xa non queda ningunha butaca libre. A chegada do director xerou tal expectación entre el público, que xa se esgotaron todas as entradas postas á venda na oficina de entradas de Caixa Galicia.






















