Audiovisual
18 comidas: anacos de vida en Compostela
"18 comidas é un crebacabezas. Unha película feita de historias, de anacos de vida, nun único día de ficción e sempre arredor das comidas. Porque a comida é saborosa, sensual, imprescindible para a vida e, sobre todo, porque é a escusa máis común para que os seres humanos se reúnan e se relacionen".
Así define o realizador galego Jorge Coira “18 comidas”, unha película ambientada en Santiago que amosa unha visión cinematográfica do cotián a través da cultura e a gastronomía compostelá e que xa se pode ver en cines.
Hoxe, estréase The Way. Vas perder de vela?
Por fin chegou o momento. Hoxe, 19 de novembro, estréase en cines The Way, a película que levará a maxia do camiño a todas as salas de España. Vas perder de vela?
Cinéfilos: preparados para un maratón de celuloide?
Cinéfilos: preparados para un maratón de celuloide? Novembro é o mes do cine en Santiago de Compostela. O día 10 comeza unha nova edición de Cineuropa, un festival organizado pola Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela e incluído dentro de Xacobeo Filme. Cine comprometido e de calidade, que lle permite á audiencia mergullarse noutras culturas e coñecer de preto realidades diferentes para obter unha visión máis ampla do mundo a través da ventá do cine.
Emilio Estévez e Martin Sheen volven ás súas orixes con The Way
A familia Sheen quixo render homenaxe á súa procedencia galega facendo o que mellor saben: cine. Martin Sheen e Emilio Estévez percorreron ao longo de sete semanas o Camiño de Santiago para rodar a película The Way, que se estreará en salas o próximo 19 de novembro.
Logo dunha batalla moi creativa e chea de talento... xa temos os gañadores de Animacam!
Remataron as votacións. Feito o reconto, xa vos podemos comunicar cales son as tres películas gañadoras do Festival Internacional de Animación Online, incluído no ciclo Xacobeo Filme.
Este sábado comeza o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal
A situación palestina, o papel da muller e o da infancia no mundo árabe, a inmigración... Estes son algúns dos temas que tratará a oitava edición do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, que se celebra en Santiago de Compostela dende o 23 ao 30 de outubro.
Música e cine, dous mundos paralelos danse a man en Universo Crebinsky
A maxia de Universo Crebinsky leva percorrendo varios meses a xeografía galega e chega agora a Pontevedra, que acollerá este singular espectáculo o sábado 23 de outubro no Teatro Principal. Cine e música abrázanse nun xogo de emocións sonoras e visuais.
Animacam 2010: Comezan as votacións
Chegou o momento. Finalizado o prazo de recepción de obras, os cinéfilos de todo o mundo xa poden elixir, mediante votación on-line, as tres películas gañadoras do Festival Internacional de Animación Online, incluído no ciclo Xacobeo Filme de Xacobeo 2010. Os participantes optarán a tres premios de 2.000 euros cada un, dentro das tres categorías a concurso (Curtametraxe, Multimedia e Retrospectiva).
Fai a túa propia curtametraxe en OFestivalOn
Se sempre quixeches facer cine... e non sabes por onde empezar, OFestivalOn é o teu sitio. Esta cita, incluída no ciclo Xacobeo Filme, dáche a oportunidade de gravar a túa propia curtametraxe co apoio de profesionais. Celébrase a fin de semana do 29 ao 31 de xullo en Ribadeo. Inscríbete antes do 20 de xullo e compite por conseguir o Misto de Pau á mellor curtametraxe, dotado con 3000 €, entre outros premios.
Xacobeo 2010 presenta S8 Mostra de Cinema Periférico
Retrospectivas, master class, work shops, exposicións de material cinematográfico… Estes son algúns dos atractivos do S8 Mostra de Cinema Periférico, que se presentou hoxe na Coruña e que está incluído no ciclo Xacobeo Filme.






















