O blog de XacobeoGalicia 

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Hospital da Cruz-Ligonde

Estamos no Camiño Francés, no tramo que leva desde a aldea de Hospital da Cruz, no municipio de Portomarín, deica Ligonde, na provincia de Lugo. Hospital da Cruz debe o seu topónimo a un antigo hospital de peregrinos do Medievo. Ligonde, no municipio de Monterroso, conserva un antigo cemiterio de peregrinos e o cruceiro máis famoso de todo o Camiño, datado en 1670. En Ligonde pódese descansar nun albergue da Xunta de Galicia. Estamos a 76 quilómetros de Santiago de Compostela

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Faite eco-peregrino

Os peregrinos xogan un papel fundamental na conservación do Camiño. Se fai pouco facíamos referencia ao plan de reforestación na Ruta Xacobea, hoxe lembrámosvos outra campaña para promover as actitudes respectuosas co patrimonio natural e cultural do Camiño.

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Alto de San Roque

Saíndo do Cebreiro, subimos o Alto de San Roque, a 1.270 metros de altitude, un dos puntos máis altos do Camiño. Aquí eríxese unha gran estatua de bronce dun peregrino loitando contra os elementos, apoiado no seu bordón e sostendo coa súa man esquerda o chapeu. Esta obra converteuse nun dos símbolos máis importantes da Ruta Xacobea en Galicia. É o momento de sacar a cámara para retratarnos xunto ao colosal monumento ao peregrino.

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Albergue: Triacastela

Visitamos o albergue de Triacastela, provincia de Lugo, na Ruta Francesa. Situado nun contorno idílico, aquí os peregrinos chegados de todos os recunchos do mundo recobran forzas e intercambian impresións sobre as súas experiencias no Camiño.

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Pedrafita do Cebreiro

Visitamos coa nosa cámara Pedrafita do Cebreiro (Lugo), a porta de entrada a Galicia polo Camiño Francés. O tramo de subida ata aquí é fatigoso, pero o esforzo vese compensado cunha panorámica espectacular das serras dos Ancares e do Caurel. Estamos nunha pequena aldea onde a Galicia prerromana e pagá fúndese co misticismo relixioso do Camiño de Santiago.

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Polacos no Camiño do Norte

Este grupo de peregrinos son de Bydgoszcz , cidade do norte de Polonia. O grupo está formado por un cura e os seus alumnos que fixeron o Camiño do Norte, desde Oviedo ata Santiago. Cóntannos que a súa motivación foi esencialmente espiritual.

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Un ministro luterano no Camiño

Gösta Tingström é un ministro luterano sueco que decidiu percorrer o Camiño de Santiago para pórse a proba como ser humano e como sacerdote. O Camiño é tamén para Gösta un test sobre as súas habilidades como predicador e unha fonte de inspiración para ofrecer cambios á Igrexa á que pertence

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Experiencia coreana no Camiño

Orgulloso de “sobrevivir” a unha tendinite que dificultou a súa camiñada, este peregrino coreano explícanos os motivos que lle empurraron a facer o Camiño e as vivencias enriquecedoras que lle achegou. O noso peregrino xa está en Santiago e só lle queda unha cousa pendente: probar o polbo á galega.

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Anguías en Portomarín

José Pérez López rexenta Bodegas Pérez en Portomarín e móstranos neste vídeo unha das especialidades da vila: as anguías. Explícanos cando e como pescan as anguías e, por suposto, como preparalas para unha deliciosa comida.

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Polbo á feira para peregrinar

Non se pode percorrer o Camiño de Santiago e visitar Galicia sen parar cando menos unha vez nun local de polbeiros e tomar o célebre polbo á feira. En Palas de Rei (Lugo) atopamos a varios peregrinos que cumpren con esta tradición gastronómica.

Redes Sociais 

Xacobeo está en

Séguenos en

Participa no noso

The WayConcurso The Way - AmigosConcurso The Way - PeregrinosCamiño Francés_Casa Forte de LusíoConcurso The Way - PeregrinosConcurso The Way - AmigosThe WayConcurso The Way - PeregrinosThe WayThe WayConcurso The Way - PeregrinosConcurso The Way - AmigosAlfombristas Corpus ChristiConcurso The Way - PeregrinosThe WayThe WayConcurso The Way - GastronomíaConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - GastronomíaPonte de Vaosilveiro

No te pierdas