En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, infórmase ao usuario que esta é a páxina web corporativa da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, adscrita á Consellería de Cultura e Turismo, con domicilio social en Avda. Fernando Casas de Novoa, Pavillón de Galicia - San Lázaro, 15707 de Santiago de Compostela (A Coruña) e CIF: A – 15.348.386, constituída o 13 de novembro de 1991 e inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, Tomo 923, Folio 93, Folla C-2655, Inscrición 1ª.
1.POLÍTICA DE PRIVACIDADE
A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo (en diante, S.A. de Xestión) quere dar a coñecer, mediante o presente texto, cales son os criterios e regras que segue respecto da utilización dos datos persoais que calquera usuario facilite durante o acceso á súa páxina web corporativa en http://www.xacobeo.es, ou a través de http://www.xacobeo.org e dos dominios dos que, en cada momento, sexa titular a entidade.
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante, LOPD) S.A. de Xestión infórmalle de que os datos que nos proporcione ao cubrir calquera formulario de rexistro electrónico que apareza no noso sitio web, así como aqueles datos aos que puidese acceder como consecuencia da súa navegación, serán recollidos nun ou varios ficheiros titularidade da S.A. de Xestión, ante a que poderá exercitar, en todo momento, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e, no seu caso, o de oposición, dirixindo solicitude asinada por escrito xunto cunha fotocopia do seu DNI ou na dirección lopd [at] xacobeo [dot] org.
Se non cubre os campos obrigatorios que aparecen en calquera formulario de rexistro electrónico poderá ter como consecuencia que S.A. de Xestión non poida atender a súa solicitude.
As finalidades da recollida dos seus datos persoais son as que particularmente se indiquen en cada unha das páxinas onde apareza o formulario de rexistro electrónico. Con carácter xeral, os datos de carácter persoal que nos proporcione serán utilizados para atender as súas solicitudes e consultas, así como informarlle sobre novas actividades e servizos da S.A. de Xestión. No caso de que a través dos citados formularios, facilite datos de carácter persoal de terceiros, previamente á súa inclusión deberá informarlles dos extremos establecidos nos parágrafos anteriores, absténdose de incluílos de non obter o seu consentimento.
S.A. de Xestión podería recoller e/ou almacenar a seguinte información acerca dos visitantes ou usuarios da nosa web:
- O nome de dominio do provedor (PSI) e/ou dirección IP que lles dá acceso á rede, co fin de elaborar estatísticas sobre os países e servidores que nos visitan máis a miúdo.
- A data e hora de acceso, para coñecer as horas de máis afluencia, e facer os axustes precisos.
- A dirección de Internet desde a que partiu o link que dirixe á nosa web, para comprobar a efectividade dos distintos banners e enlaces que apuntan ao noso servidor, e poder potenciar os que ofrezan mellores resultados.
- O sistema operativo, navegador e resolución de pantalla empregados, para coñecer as capacidades técnicas dos nosos visitantes e adecuar o deseño da páxina conforme a estes datos.
- O número de visitantes diarios de cada sección, diferenciando as áreas de máis éxito e aumentar e mellorar o seu contido, co fin de que os usuarios obteñan un servizo máis satisfactorio.
A estes efectos, utilizaranse os datos obtidos a través de Google Analytics, un servizo analítico de web prestado por Google, Inc., unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos (“Google”). En todo caso, a información así obtida é totalmente anónima, e en ningún caso será asociada a un usuario concreto e identificado.
As páxinas da nosa web poderían utilizar cookies, pequenos ficheiros de datos que se xeran no ordenador do usuario e que nos permiten obter información como a data e hora da última vez que o usuario visitou a web, o deseño de contidos que o usuario escolleu na súa primeira visita ou elementos de seguridade que interveñen no control de acceso ás áreas restrinxidas.
O usuario ten a opción de impedir a xeración de cookies, mediante a selección da correspondente opción no seu navegador. Con todo, S.A. de Xestión non se responsabiliza de que a súa desactivación impida o bo funcionamento da páxina.
S.A. de Xestión comprométese a tratar de forma absolutamente confidencial os seus datos de carácter persoal, facendo uso deles exclusivamente para as finalidades indicadas, e infórmalle de que ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos seus datos e evitar a súa alteración, perda, tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural, de conformidade co previsto no artigo 9 LOPD e no seu Regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro.
2.DATOS DE MENORES
Para poder ser usuario activo desta web, cómpre ter 14 anos ou máis. Os menores desta idade só poderán rexistrarse a través dos seus pais ou titores. Así mesmo, recomendámoslles aos menores de idade en xeral que consulten cos seus pais antes de proporcionar datos de carácter persoal. En ningún caso se solicitará dos menores de idade datos relacionados coa situación económica, actividade profesional ou intimidade dos outros membros da familia. Neste sentido, a información relativa a menores solicitarase exclusivamente para o envío de información sobre actividades e servizos da S.A. de Xestión, dirixidos especificamente ao público infantil e xuvenil. En ningún caso se comunicarán datos relativos a menores a terceiros alleos á S.A. de Xestión, nin se utilizarán para campañas que sexan inadecuadas á idade correspondente ao menor.
3. CONDICIÓNS DE USO DA PÁXINA WEB
Estas condicións regulan o uso do servizo da nosa páxina web http://www.xacobeo.es (en diante, a páxina web) que a S.A. de Xestión e as súas sociedades poñen gratuitamente a disposición dos usuarios de Internet. Mediante esta páxina web non é posible realizar contratación electrónica, polo que os prezos e tarifas que poidan reflectirse, e que inclúen os impostos indirectos, terán en todo caso, carácter simplemente informativo.
A utilización da nosa páxina web atribúelle a condición de usuario dela e supón a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas no presente Aviso Legal na versión publicada no momento mesmo en que o usuario acceda á nosa páxina web, así como da nosa política de privacidade e tratamento de datos persoais.
S.A. de Xestión resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso á súa páxina web, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, a aqueles usuarios que incumpran as presentes disposicións xerais, así como as particulares que resulten de aplicación.
S.A. de Xestión non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento da súa páxina web e/ou dos seus servizos ou contido, nin que este se atope actualizado. No entanto, cando iso sexa razoablemente posible, advertirase previamente as interrupcións no funcionamento da páxina web e dos servizos nela ofrecidos. Neste contexto, S.A. de Xestión declina calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da páxina web e dos servizos.
S.A. de Xestión pode facilitar, mediante enlaces, o acceso a outras páxinas web que consideramos poden ser do seu interese, co único obxectivo de facilitar a procura de recursos a través de internet. No entanto, as devanditas páxinas non pertencen á S.A. de Xestión nin ás súas sociedades, nin facemos revisión dos seus contidos, polo que non nos responsabilizamos da calidade, exactitude ou veracidade deles ou do funcionamento da páxina enlazada, nin dos posibles danos que poidan derivarse do seu acceso ou uso.
Todo o contido dispoñible na web (texto, gráficos, logotipos, iconas, imaxes, clips de audio, recompilacións de datos e software, marcas, nomes comerciais, etc.) é propiedade da S.A. de Xestión e/ou atópanse lexitimamente explotados en virtude de acordos ou licenzas de uso, e está protexido polas leis de Propiedade Intelectual e Industrial, polo que non se permite a reprodución e/ou publicación, total ou parcial da web, nin o seu tratamento informático, a súa distribución, a súa comunicación pública, nin a súa modificación ou transformación, sen o permiso previo e por escrito. O usuario, única e exclusivamente, pode utilizar o material que apareza nesta web para o seu uso persoal e privado, quedando prohibido o seu uso con fins comerciais ou para incorrer en actividades contrarias á lei.
O usuario obrígase a usar a páxina web de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprométese a absterse de:
(a) Suprimir, eludir ou manipular o “copyright”, marcas e demais datos identificativos dos dereitos da S.A. de Xestión e as súas sociedades ou dos seus titulares, incorporados aos contidos e/ou produtos comercializados desde a nosa páxina web, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismos de información que puideren conter os mesmos.
(b) Empregar os contidos e, en particular, a información da S.A. de Xestión, obtida a través da nosa páxina web para remitir publicidade, comunicacións con fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, ou mensaxes non solicitadas dirixidas a unha pluralidade de persoas.
(c) Reproducir ou copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou iso resulte legalmente permitido.
(d) En xeral, utilizar os contidos de forma, con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública.
As cuestións relacionadas co uso desta web ou os seus contidos rexeranse e serán interpretados conforme ás presentes Condicións de Uso e á lexislación española, someténdose as partes, salvo nos casos en que non estea legalmente permitido, á xurisdición dos Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela, provincia da Coruña (España) para a resolución dos conflitos concernentes ao uso desta web, con renuncia de forma expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles.
4. CONDICIÓNS DE USO DO FORO E REDES SOCIAIS
A participación do usuario no foros ou redes sociais ás que estea vinculada a S.A. de Xestión e as súas sociedades, ou calquera outro servizo ofrecido pola web, implica a adhesión plena e sen reservas ás presentes condicións, reservándose S.A. de Xestión o dereito a denegar ou retirar o acceso a estes, de oficio ou a instancia dun terceiro, sen necesidade de aviso previo, a aqueles usuarios que as incumpran.
Para poder participar activamente nos referidos servizos en calidade de usuario, deberá ter, como mínimo, 14 anos de idade. En caso de dúbida sobre a idade dun usuario, S.A. de Xestión poderá solicitar a verificación da mesma a través de calquera medio válido en dereito.
Concretamente, o foro pretende ser unha plataforma social gratuíta que S.A. de Xestión pon a disposición dos peregrinos e visitantes da súa web en xeral para a publicación das súas experiencias antes e despois do camiño, e para expor as súas dúbidas e opinións sobre el. A intervención dos visitantes no referido foro levarase a cabo a través dun nome de usuario persoal e unha clave secreta que se lle proporcionará ao rexistrarse como usuario da web e da que deberá responsabilizarse, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial dela.
Debido á finalidade propia do foro, aqueles contidos que non se axusten ás temáticas propostas poderán ser moderados, bloqueados ou eliminados. Así mesmo, retirarase calquera comentario ofensivo, violento, discriminatorio, ou que puidese perturbar o funcionamento normal do foro. En especial prohíbese a publicación de promocións e enlaces a ofertas comerciais, así como a captación de datos con finalidade publicitaria.
Se un usuario se vise afectado por actuacións ilegais ou que contraveñan as presentes condicións, ou detecte un mal uso das ferramentas dixitais da web por parte doutros usuarios, poderá polo en coñecemento da S.A. de Xestión, a través de xacobeoweb [at] xacobeo [dot] org, para que esta poida moderar ou eliminar os mesmos. En calquera caso, S.A. de Xestión, non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos usuarios, que unicamente expresan a opinión do seu autor.
En atención á normativa en materia de protección de datos, previamente a dar difusión a través do foro de datos de carácter persoal de terceiros, especialmente información fotográfica ou audiovisual, deberá contar co consentimento dos seus titulares, absténdose de incluír a referida información en caso contrario. Recoméndase así mesmo aos usuarios, ter especial coidado á hora de publicar determinados contidos, para evitar pór en risco a privacidade e intimidade de persoas da súa contorna, así como non publicar información de contacto físico, que permita a calquera persoa coñecer onde vive, onde traballa ou estuda diariamente, ou os lugares de lecer que adoita frecuentar. Así mesmo, os usuarios deberán utilizar e publicar unicamente contidos respecto dos que conten cos dereitos de propiedade intelectual suficientes.