Responder ao comentario 

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:

Os albergues. Como funcionan? Canto custan? Onde están?

Versión para impresiónSend to friendPDF version

Unha das cousas que te preguntas, seguro, antes de empezares o camiño é o tema do aloxamento.

Existen moitas opcións e cada un debe atopar a que mellor se adapte ao seu ritmo e as súas circunstancias. Unha das solucións máis populares son os albergues, os albergues oficiais do Camiño.

Como funcionan?

Os albergues públicos ou oficiais teñen unhas normas de utilización. Por exemplo, as prazas ocúpanse non só en función da hora de chegada, senón que tamén depende do tipo de peregrino que sexas. A orde de prioridade é a seguinte:

  1. Os peregrinos con limitacións físicas.
  2. Os peregrinos a pé.
  3. Os peregrinos a cabalo.
  4. Os peregrinos en bicicleta.
  5. As persoas que viaxen con coches de apoio.

Recoméndoche que leas as normas de utilización dos albergues, xa que che serán moi útiles para organizares o teu camiño.

Canto custan?

Pasar a noite nun albergue ten un custo de 5 euros.

Onde están?

Os Camiños en Galicia teñen unha rede de albergues bastante ampla. Para planeares a túa viaxe vaiche ser moi útil saber onde están situados, que comodidades teñen ou o número de prazas coas que contan.

Queres saber algo máis sobre os albergues? Hai algún que che gustase especialmente?

Responder

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.

Redes Sociais 

Xacobeo está en

Séguenos en

Participa no noso

Concurso The Way - AmigosCamiño Francés_Casa Forte de LusíoCamino Francés. Claustro del Monasterio de SamosThe WayConcurso The Way - AmigosConcurso The Way - AmigosDominicConcurso The Way - PeregrinosConcurso The Way - GastronomíaConcurso The Way - PeregrinosConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - Santiago de CompostelaRealidad Aumentada Xacobeo 2010Camiño Inglés_Albergue de BrumaConcurso The Way - Santiago de CompostelaPeregrinos a SantiagoConcurso The Way - AmigosThe WayConcurso The Way - PeregrinosAlbergue de Lugo, Camino Primitivo

No te pierdas