A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo participa en México na feira Expo Católica 2012 

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:
Versión para impresiónSend to friendPDF version
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo participa en México na feira Expo Católica 2012

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo participa dende hoxe día 25 de maio e ata o domingo 27 na terceira edición da feira de carácter relixioso Expo Católica que ten lugar no recinto Expo-Guadalajara, nesa cidade mexicana do estado de Jalisco. 

O Xacobeo acude por primeira vez a este evento no que se reúnen expositores de Bolivia, Colombia, Estados Unidos e España ademais de numerosos procedentes de todo México. 

O Xacobeo participa por primeira vez nesta feira cun stand de 20 metros cadrados no que repartirá material promocional dos diferentes Camiños de Santiago, respondendo así ao grande interese que alí suscita a peregrinación a Santiago, non en van Guadalajara leva tamén por nome Nova Galicia.

A feira é estritamente relixiosa e será inaugurada polo cardeal de Guadalajara, monseñor José Francisco Robles Ortega. 

Destino emerxente
México é o país de fala hispana que máis peregrinos aporta.  Ocupou no ano Santo de 2010 o décimo sexto lugar no ránking de países emisores de peregrinos a Santiago, cun total de 1.444 mexicanos que obtiveron a Compostela –un 0,53 % do total- mentres que o pasado ano 2011 baixou ao posto vixésimo, con 1.189 peregrinos, aínda que a porcentaxe  aumentou chegando ao 0,65 %.

+info: www.expocatolica.org

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.

Redes Sociais 

Xacobeo está en

Séguenos en

Participa no noso

Concurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - Santiago de CompostelaThe WayConcurso The Way - PeregrinosPeregrinos a SantiagoConcurso The Way - AmigosPeregrinos chinos - 1965Albergue de Bendoiro, Lalín, Vía de la PlataThe WayConcurso The Way - AmigosConcurso The Way - PeregrinosCamino Francés. Pedrafita do Cebreiro. Baixada a LiñaresConcurso The Way - AmigosGaliciaThe WayConcurso The Way - AmigosThe WayConcurso The Way - PeregrinosThe WayCamino del Norte. Villalba, Goiriz

No te pierdas