Recepción en Santiago aos alumnos do Institute for Pilgrimage Studies 

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:
Versión para impresiónSend to friendPDF version
Recepción en Santiago aos alumnos do Institute for Pilgrimage Studies

A secretaria xeral para o turismo recibe en Santiago aos alumnos do Institute for Pilgrimage Studies, que organiza un programa de verán para que estudantes estadounidenses afonden no estudo da cultura xacobea.

Dende o pasado sábado ata o día 1 de xuño dous profesores e dez estudantes estadounidenses do Institute for Pilgrimage Studies comezaron un curso en Santiago de Compostela especificamente centrado no culto e a cultura xacobeos. O programa no que se insiren estes cursos que este ano se celebrarán en Santiago de Compostela está impulsado por un grupo de profesores e investigadores estadounidenses e canadianos que teñen a súa sede no College of William & Mary, unha das universidades máis antigas dos Estados Unidos.

O Institute for Pilgrimage Studies creouse en 2011 e este ano organiza un programa lectivo de dúas estancias en Santiago de Compostela entre os días 19 de maio e 1 de xuño e entre os días 21 e 30 de xuño, respectivamente. Ademais, os asistentes peregrinarán durante tres semanas dende Pamplona a Compostela entre os días 1 e 21 de xuño. O obxectivo do cursos e asistir a leccións e traballar en arquivos e bibliotecas sobre os diversos estudos e investigacións que se realizan no centro especializados en culto e cultura xacobeos, así como realizar diversas visitas a puntos emblemáticos da ruta a Compostela e da cidade meta dos Camiños.

Os profesores que acompañan aos estudantes neste programa son o hispanista George Greenia e mais a socióloga Kathleen Jenkins. George Greenia figura entre os profesores e investigadores máis activos na defensa e promoción da Ruta Xacobea nos Estados Unidos.

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.

Redes Sociais 

Xacobeo está en

Séguenos en

Participa no noso

Concurso The Way - Santiago de CompostelaXacobeo 2010 Realidad AumentadaFiletesPeregrinosConcurso The Way - AmigosConcurso The Way - PeregrinosConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - Santiago de CompostelaCamino del Norte. Villalba, GoirizConcurso The Way - AmigosThe WayThe WayCamiño do Sueste_Albergue de VedraGaliciaConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - PeregrinosConcurso The Way - PeregrinosThe WayConcurso The Way - Peregrinos

No te pierdas