Reapertura do albergue de peregrinos de Santa Irene, no Concello do Pino 

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:
Versión para impresiónSend to friendPDF version
Reapertura do albergue de peregrinos de Santa Irene, no Concello do Pino

O albergue público de peregrinos de Santa Irene, no concello do Pino, reábrese hoxe tras a finalización das obras de mellora e reparacións varias que levou a cabo a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo incluídas no seu Plan Corrector do ano 2009.  Os traballos supuxeron a reforma integral da cuberta, baños, dormitorio e baño para persoas con mobilidade reducida, instalación eléctrica, cociña e dotación dunha zoa de recepción e atención ao peregrino.

Este albergue sitúase nunha antiga escola rehabilitada no ano 1992 con motivo do Xacobeo 93 e ten 36 prazas dispoñibles.  Situado nas últimas etapas dos Camiños Francés, Primitivo e do Norte, está nun dos lugares máis estratéxicos dos que ocupan os setenta que compoñen a Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago baixo a titularidade da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

O Plan Corrector de 2009

O Plan Corrector de 2009 estableceu un marco de mellora, mantemento e conservación tanto dos Camiños como dos Albergues Públicos.  Dentro desta filosofía inxírese a renovación acometida neste albergue de Santa Irene.

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.

Redes Sociais 

Xacobeo está en

Séguenos en

Participa no noso

The WayConcurso The Way - PeregrinosConcurso The Way - PeregrinosConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - AmigosConcurso The Way - GastronomíaConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - PeregrinosConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - GastronomíaConcurso The Way - PeregrinosUn grupo de peregrinos - 1954Concurso The Way - Santiago de CompostelaPeregrinos chinos - 1965Concurso The Way - AmigosThe WayConcurso The Way - Peregrinos

No te pierdas