O Xacobeo imparte en Brasil un ciclo divulgativo sobre o Camiño de Santiago 

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:
Versión para impresiónSend to friendPDF version
O Xacobeo imparte en Brasil un ciclo divulgativo sobre o Camiño de Santiago

 A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo emprende unha viaxe promocional a Brasil onde dende hoxe ata o 29 de abril impartirá un ciclo de charlas, conferencias e cursos de carácter divulgativo e informativo en diferentes localidades e tamén participará activamente en todas as actividades organizadas no VI Encontro Nacional de Peregrinos a Santiago de Compostela de Brasil.

O ciclo está organizado pola Asociaçâo Curitigrinos (entidade de peregrinos xacobeos de Curitiba e Paraná);  o Centro Cultural da Espanha e o Instituto Cervantes de Curitiba e pola Asociacâo dos Amigos e Confrades do Caminho de Compostela-Sâo Paulo (ACASCS-SP)  e o Instituto Cervantes de Sâo Paulo.  Ademais da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo,  colaboran cos organizadores os Cursos Internacionais da USC.

Hoxe 24 de abril no Salón de Actos do Instituto Cervantes de Curitiba impartirase o curso titulado O Camiño de Santiago e a súa meta.  Pasado e presente.  
O 25 de abril, no Auditorio do hotel Nikko de Curitiba e organizada pola Asociación Curitigrinos, pronunciarase a conferencia Santiago de Compostela, o destino do Camiño.  As súas pegadas e tradicións xacobeas. 

No salón de actos do Instituto Cervantes de Sâo Paulo, o 27 de abril impartirase en formato de curso a conferencia anterior ampliada e do mesmo título Santiago de Compostela, a meta do Camiño.  As súas pegadas e tradicións xacobeas. 

Outras actividades

Ademais destas conferencias e cursos, o Xacobeo participará entre o 28 de abril e o 1 de maio en todas as actividades do VI Encontro Nacional de Peregrinos de Brasil a Santiago de Compostela, actividade que con carácter itinerante e bianual organizan as aproximadamente vinte asociacións de amigos de Santiago que existen en Brasil e que nesta edición está organizada pola Asociación de Confrades e Amigos do Camiño de Santiago no Estado de Sâo Paulo e terá lugar na cidade balnearia de Águas de Sâo Pedro.

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.

Redes Sociais 

Xacobeo está en

Séguenos en

Participa no noso

Concurso The Way - AmigosConcurso The Way - PeregrinosPosterConcurso The Way - PeregrinosThe WayPonte de VaosilveiroThe WayConcurso The Way - GastronomíaConcurso The Way - PeregrinosConcurso The Way - AmigosThe WayConcurso The Way - PeregrinosConcurso The Way - Santiago de CompostelaCamiño Francés_Casa Forte de LusíoConcurso The Way - Santiago de CompostelaThe WayConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - AmigosConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - Santiago de Compostela

No te pierdas