Blog 

04
Maio

A  S.A. de Xestión do Plan Xacobeo organiza a exposición fotográfica Olladas no Camiño de Santiago, xunto coa Asociaçao de Espaço Jacobeus e a Cámara Municipal de Barcelos, que se ven de inaugurar esta fin de semana na Biblioteca Municipal desta localidade portuguesa.  A exposición permanecerá ata o 26 de maio e o seu horario de visitas é de luns a venres de 09.30 ás 18 horas e os sábados de 09.30 ás 12.30 horas.  

04
Maio

Por iniciativa da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago do Sueste – Caudete, e coa a finalidade de axudar ao peregrino, foi reforzada e ampliada a sinalización da etapa que une Villena (Alacante) con Caudete (Albacete) no Camiño de Santiago. Dita ampliación foi colocada de xeito estratéxico e  consistiu tanto en reforzar o camiño con frechas amarelas como en pintar un Panel Informativo e unha cuncha con frecha amarela en fondo azul á saída da veciña localidade de Villena.

24
Abril

 A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo emprende unha viaxe promocional a Brasil onde dende hoxe ata o 29 de abril impartirá un ciclo de charlas, conferencias e cursos de carácter divulgativo e informativo

16
Abril

Patinando o Camiño é un proxecto audiovisual no que Anuska Gil percorrerá en patíns o Camiño desde Roncesvalles a Santiago de Compostela, homenaxeando a mulleres que destacan pola súa solidariedade e labor humanitario. O traxecto realizarase durante o mes de maio en 29 etapas e ao chegar a Santiago entregarase ao Apóstolo unha “capa” confeccionada coas diferentes achegas das persoas que se atopen no camiño, como símbolo de unión.

13
Abril

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Ávila convoca o II Concurso de Literatura Epistolar “Cartas desde o Camiño de Santiago” co fin de brindar a oportunidade ás persoas  relacionadas dunha ou outra forma co Camiño de Santiago, de narrar as súas experiencias e vicisitudes acaecidas na contorna do Camiño, nun xénero literario outrora tan desenvolvido e actualmente en vías de desaparición. O prazo de presentación finalizará o día 15 de xuño de 2012.

11
Abril

A partir do día 14 de abril os peregrinos dos Camiños de Santiago van contar cun novo albergue en Caminha, distrito de Viana do Castelo (Portugal).

04
Abril

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo e da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo está presente estes días no encontro anual da asociación American Pilgrims, que estes días se celebra no San Pedro Center - Winter Park de Florida.

02
Abril

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, en colaboración co Consulado Español, ven de inaugurar en Hamburgo a exposición fotográfica itinerante "Camiño de Santiago. Unha visión dende Oriente, Tomohiro Muda", que permanecerá nesa cidade alemá ata o 30 de abril.

22
Marzo

A Xunta de Galicia, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, participa dende hoxe e ata o domingo 25 de marzo na feira turística “TUR 2012 GOTEBORG” que celebra a súa vixésimo novena edición no Swedish Exhibition Center desta cidade sueca.

20
Marzo

Trátase dun concurso para curtas e longametraxes tanto de ficción como documentais que inclúan ao Camiño de Santiago na súa trama. As copias enviaranse antes do 11 de abril á cidade alemá de Ratisbona e pasarán a formar parte do arquivo do Festival.

Redes Sociais 

Xacobeo está en

Séguenos en

Participa no noso

Víctor y CocaConcurso The Way - PeregrinosThe WayConcurso The Way - GastronomíaConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - Santiago de CompostelaSantiago. Catedral Torre do ReloxoThe WayCamino Inglés. Miño, Puente sobre el río BaxoiConcurso The Way - Santiago de CompostelaCamino Francés. Triacastela. Igrexa de SantiagoCamino Francés. Melide. Igrexa de Santa MaríaConcurso The Way - PeregrinosGaliciaConcurso The Way - Santiago de CompostelaThe WayCamino Primitivo. Lugo. Camiño. BacurínThe WayConcurso The Way - Amigos

No te pierdas